Existen varias empresas que ofertan actividades relacionadas co mar e coa navegación a partir do porto de Combarro:
Pescanatur ofrece moi variadas actividades:

Combarro (Poio)
desde principios de abril ata fináis de setembro.
consultar páxina web
Dirixirse á Confraría de Pescadores “San Telmo”
Ponte Nova, 31, 1º
36003 – Pontevedra
986 864 895
Esta empresa ofrece percorridos en catamarán saíndo do porto de Combarro, visita guiada a unha batea, con explicación de todo o proceso produtivo do mexillón, da ostra e das vieiras, observación dos fondos mariños, grazas a que o fondo do barco permite visión submarina, e para rematar degustación a bordo da embarcación de mexillóns e viño da terra. O percorrido dura aproximadamente unha hora. Tamén realizan excursións especiais.

Combarro (Poio)
temporada de verán
consultar por teléfono
Rúa Carballeira
O Grove (Pontevedra)
.jpg)
Peirao da Canteira, Combarro
Na edición correspondente ao ano 2008, o programa deportivo comezou coa VI Bandeira de Traíñas Trofeo Festa da Ameixa”, organizado polo “Club do Mar de Bueu” e patrocinado polo Concello de Poio, coa colaboración da Lonxa de Campelo A.I.E., a asociación de veciños de Campelo e o Diario de Pontevedra.
Como é habitual ao longo das súas edicións tivo lugar o sábado que da comezo a Festa da Ameixa, neste edición o 26 de xullo ás 18:00h. Contou coa presenza dos mellores clubs pertencentes á Liga Galega de Traíñas: Samertolameu, Meira, Amegrove, Perillo, Chapela, Náutico de Vigo, A Cabana, Rianxo, Muros, Esteirana, Ares, Vila de Cangas, Coruxo, San Simón, Bueu e As Xubias.
A competición desenvolveuse na modalidade tradicional, constando de catro longos e tres viradas a babor, tendo as liñas de saída e chegada á altura do peirao de Campelo. O regulamento é o vixente na Federación Española de Remo e a Liga Noroeste de Traíñas.
As tandas son programadas polo club organizador, tendo en conta a clasificación actual da Liga Galega de Traíñas. Nesta proba deportiva repartíronse 7000 euros, bandeira e trofeos ós clubs gañadores.
© Concello de Poio. 2008
Este sitio web está desenvolvido dentro do Plan de Cidades Dixitais 2007⁄2008