directorio
CENTRO DE INFORMACIÓN municipal Á MULLER - CIMM
cimm
concellería de benestar social e igualdade
CONCELLEIRA
Lidia Salgueiro Piñeiro
ENDEREZO
Rúa Domingo Fontán nº 4 - Caeira
A Barca - Poio
36005 - Pontevedra
TELÉFONO/FAX
986 872 401
986 770 001
E-MAIL
igualdade@concellopoio.org


¿Que é O CIM?
O CIM é o Centro de Información á Muller, de titularidade municipal, no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integral desde unha perspectiva de xenero, desenvolvendo ó mesmo tempo programas específicos de apoio e atención ás vítimas de violencia.
O centro é atendido por un equipo de profesionais composto por unha avogada, unha psicóloga e unha administrativa.
Programas Xerais
- Información e asesoramento xurídico.
- Atención psicolóxica.
- Coordinación con outros servizos, para o tratamento de problemáticas asociadas: saúde, emprego, recursos sociais.
Programas dirixidos a mulleres vítimas de violencia
- Programa de asistencia psicolóxica especializada: Asesoramento, intervención en crise, terapia individua, terapia de parella e terapia familiar
- Programa de asesoramento e apoio social: Procura de casa de acollida, vivenda, asesoramento en recursos e solicitude de prestacións económicas e coidado d@s fill@s, recursos e apoio social, saúde.
- Programa de asesoramento e asistencia xurídica: Asesoramento en todo tipo de consultas penais e de dereito e de familia. Asesoramento e seguimento nos procesos penais e de familia. Asistencia nas xestións xurídicas que procedan.
¿Cales son os principios de actuación?
- O anonimato na identidade das usuarias.
- O respeto á vontade das usuarias na procura das posibles solucións ás consultas plantexadas.
- A gratuidade de tódolos servizos.
- O respeto ó principio de confidencialidade.
¿Cal é o noso horario de atención?
- Atención xurídica :
- Luns a Venres de 08:30 a 14:30 e os luns de 17:00 a 21:30
- Atención psicolóxica :
- Luns a Venres de 08:00 a 14:00 e os mércores de 17:00 a 21:30